De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0323/2018-PPM.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren oportunos. No mesmo prazo, ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.
Vigo, 25 de setembro de 2018
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº expediente |
Interesado |
DNI/NIF/NIE |
Acto que |
Enderezo |
PSC-PO-0323/2018-PPM |
Antonio Bouzón Corujeira |
36085373Y |
Proposta de resolución |
Travesía de San Xoán, 2, Poio |