Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0057-2018 IUL.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 28 de setembro de 2018

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Orde do 13.4.2016)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0057-2018 IUL.

Denunciado: José Luis Blanco Nieto.

Acto de notificación: proposta de resolución.