Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada no expediente de subvención das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas 11320006/2011.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), notifícase á persoa interesada que figura no anexo a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2018 no expediente de subvención número 11320006/2011 (Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2011 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Se non comparece no prazo indicado, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle á persoa interesada un prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, en que poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, pero a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: subvención núm. 11320006/2011.

Persoa interesada: María del Pilar Mirón Candedo.

Acto de notificación: resolución de perda do dereito á prima de mantemento do ano 2018.