Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 21 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2017/132/27 e tres máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 21 de setembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

DNI/NIE

Data da resolución

Saleh Hatim

Saadia Hatim

2017/132/27

Cambio de medio

Non consta

Non consta

21.8.2018

José Luis Rodríguez Medín

2011/120/27

Concesión de recurso

*****377Z

17.8.2018

José Luis Rodríguez Medín

2011/121/27

Concesión de recurso

*****377Z

17.8.2018

José Luis Rodríguez Medín

2012/132/27

Concesión de recurso

*****377Z

17.8.2018