Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en San Cidre, concello de Bergondo (expediente 2018AAE2210; código 2089/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 10 de setembro de 2018, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en San Cidre, concello de Bergondo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático