Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan parcial de solo industrial no sector de SUD Coeses-Cuíña S-1.I, no concello de Lugo, promovido por Novafrigsa, S.A. (expediente 2018AAE2214; código 2094/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 10 de setembro de 2018, sobre o Plan parcial de solo industrial no sector de SUD Coeses-Cuíña S-1.I no concello de Lugo, promovido por Novafrigsa, S.A.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático