Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de setembro de 2018, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a proposta de Resolución do 19 de xuño de 2018, ditada no expediente sancionador LU-S-70/2017, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada a notificación polos medios habituais non puido practicarse.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instructor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo de Lugo, sitos na rolda da Muralla, 70, Lugo, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lugo, 21 de setembro de 2018

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-70/2017.

Denunciada: Anatur, S.L.U.

Establecemento: Hotel Anatur.

Enderezo: praza do Souto, 3.

Localidade: Cervo.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.e) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Proposta de resolución: 19 de xuño de 2018.

Sanción: multa de oitenta euros (80,00 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: sesenta e catro euros (64 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: corenta e oito euros (48 €).