Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de setembro de 2018, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento de adxudicación de vivenda de promoción pública (expediente 57875 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no trámite de audiencia en relación co procedemento de selección de adxudicatarios de vivendas de promoción pública (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 18 de setembro de 2018

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia en relación co procedemento de selección de adxudicatarios de vivendas de promoción pública (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

57875

Ivette Cabrera Ferrero

...008W

72971

José Manuel Gómez González

...207N

76956

Sana El Hidam

...687S