Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de setembro de 2018, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de adxudicación de vivenda de promoción pública (expediente OU-2006/707, conta 28).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución de aceptación de renuncia ao acceso a unha vivenda de promoción pública (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 18 de setembro de 2018

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de aceptación de renuncia ao acceso a unha vivenda de promoción pública (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).

Expediente

Conta

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

OU-2006/707

28

Manuel Feijoo Ríos

...273H