Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infracción administrativa na orde social (expediente 36065099H/24/07/2018/2.1.E e once máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 40.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), mediante publicación no Boletín Oficial del Estado, polo incumprimento dos preceptos que se detallan, notifícase ás persoas interesadas relacionadas no anexo deste anuncio as comunicacións de inicio de procedemento sancionador por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

En atención ao previsto no artigo 46 da LPAC, o acto non se publica na súa integridade, polo que se lles fai saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da comunicación de inicio do procedemento sancionador se atopa ao seu dispor, para a súa consulta, nas dependencias da oficina de emprego que lles corresponda, durante o prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Unha vez producida a referida notificación, segundo o disposto no punto 3, do artigo 37 bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, para formular, por escrito, ante a oficina de emprego correspondente, as alegacións que considere oportunas, documentalmente acreditadas. Transcorrido o dito prazo, esta xefatura territorial ditará a correspondente resolución.

O prazo para ditar resolución será de seis meses, desde a data do acordo de inicio do procedemento. Transcorrido o dito prazo, producirase a caducidade do procedemento e ordenarase o arquivamento das actuacións, sen prexuízo de que a Xefatura Territorial de Pontevedra poida instar un novo procedemento, se a acción non está prescrita.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, expido e asino este anuncio.

Vigo, 27 de setembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos

sancionadores

Proposta de sanción

Álvarez Coello, Javier

36065099H/24/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Bouzón Vázquez, Ramona

36052598Y/26/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Camacho Gabarri, Julio

35448221T/23/08/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

García Rubio, María Ángeles

51920249A/21/08/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Gómez Pereira, Jaime

35548624P/10/08/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Jueguen Torrado, Manuel

35459481J/16/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Lago Soriano, Pablo

76994168N/23/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Martínez Adell, Beatriz

36174957M/25/06/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Moraña González, Arturo

35467664P720/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Rodrigues, Laudilene F.

Y0545651J/26/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Silva Taboada, Marco

76909751M/14/08/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Vasquez Meneses, Bryan Yesid

35674592M/17/08/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego