Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45199

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 17 de setembro de 2018 pola que se substitúe un vogal titular e un vogal suplente da Confederación de Empresarios de Galicia na Comisión Tripartita Gallega para la Inaplicación de Convenios Colectivos.

O Decreto 101/2015, do 18 de xuño, polo que se crea a Comisión Tripartida Galega para a Inaplicación de Convenios Colectivos e se regula o seu funcionamento, regula no seu artigo 4 a composición e procedemento de nomeamento das persoas vogais da Comisión Tripartita Gallega para la Inaplicacion de Convenios Colectivos.

Conforme ao previsto no dito decreto realizouse proposta de designación e de cesamento por parte da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) dunha persoa vogal integrante da Comisión Tripartita Gallega para la Inaplicacion de Convenios Colectivos.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Substitución de vogal

A proposta da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG):

En calidade de titular:

a) Disponse o cesamento de: Alberto Viejo López.

b) Disponse o nomeamento de: Héctor Torres Laguna.

En calidade de suplente:

a) Disponse o cesamento de: Héctor Torres Laguna.

b) Disponse o nomeamento de: Jesús Castiñeira Diz.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria