Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45124

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (316/2016).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 316/2016 por instancia de Luz Yeimiys Sánchez Cuevas contra a empresa Juan Ignacio Rodríguez Fernández e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 11.9.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase a demanda formulada por Luz Yeimiys Sánchez Cuevas fronte a Juan Ignacio Rodríguez Fernández e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Luz Yeimiys Sánchez Cuevas fronte a Juan Ignacio Rodríguez Fernández e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Juan Ignacio Rodríguez Fernández a aboar á demandante a cantidade de mil trescentos corenta e sete euros con cincuenta e catro céntimos de euro (1.347,54 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Juan Ignacio Rodríguez Fernández, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza