Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45073

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 124/2018, do 4 de outubro, polo que se nomea directora da entidade pública empresarial Augas de Galicia a Teresa María Gutiérrez López.

En virtude do establecido no artigo 14.1 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, e nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de outubro de dous mil dezaoito,

Nomeo directora da entidade pública empresarial Augas de Galicia a Teresa María Gutiérrez López.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade