Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45074

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á seguinte relación de convenios, que se incorpora como anexo a esta resolución:

– Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2018.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte

nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2018

Data de sinatura

Descrición

Importe total

23.5.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) para o fomento do deporte de base, deporte feminino e alternativos.

15.000,00 €

24.5.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para regular o réxime de coordinación da programación das actividades deportivas e feirais e as actividades de mantemento, conservación e funcionamento da pista de atletismo do recinto feiral e deportivo de Expourense en Ourense.

135.000,00 €

30.5.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Rúa (Ourense) para a mellora da estanquidade e illamento no pavillón polideportivo no concello da Rúa.

50.000,00 €

4.6.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Crecente (Pontevedra) para a mellora do acondicionamento das instalacións do pavillón municipal.

12.000,00 €

5.6.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Boimorto (A Coruña) para o acondicionamento do campo de fútbol municipal.

30.000,00 €

5.6.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Boqueixón (A Coruña) para realizar melloras nos equipamentos deportivos de Cachosenande.

25.000,00 €

5.6.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cortegada (Ourense) para levar a cabo obras para a substitución do remate do cumio de cuberta no pavillón de deportes no concello de Cortegada.

1.964,02 €

5.6.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo (Lugo) para a mellora de infraestruturas deportivas do concello.

30.000,00 €

5.6.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cerceda (A Coruña) para a renovación da cuberta do Pazo dos Deportes Municipal.

40.000,00 €

12.6.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para levar a cabo a contratación conxunta das obras de instalación dunha protección da pista de atletismo que permita a compatibilización dos eventos deportivos cos eventos feirais.

360.749,68 €

14.6.2018

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona (Pontevedra) para a adquisición dun marcador deportivo modular para o pavillón de deportes do concello de Baiona.

24.563,00 €

28.6.2018

III Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín (Pontevedra) para a reforma da pista de atletismo da Raña.

Sen importe económico

2.7.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Santa Comba (A Coruña) para a instalación de pista multideporte no concello de Santa Comba.

35.000,00 €

9.8.2018

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Mos (Pontevedra) para a substitución de material de cubrición e fachadas no pavillón Pena de Francia.

90.000,00 €

22.8.2018

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello da Cañiza (Pontevedra) para construción de pistas de pádel.

40.000,00 €