Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45132

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 136/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución parcial número 136/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Juliana Restrepo Mora contra a empresa Cervecom, Cervecería Santiago, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Auto do 19 de xullo de 2018 e Decreto do 24 de xullo de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral que unía a Andrea Juliana Restrepo Mora con Cervecom, Cervecería Santiago, S.L. e condeno a executada a lle aboar a Andrea Juliana Restrepo Mora a cantidade de 1.316,51 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 10.444,8 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, do que resulta un total de 11.761,31 euros, en concepto de principal, máis 1.176,13 euros que provisionalmente se orzan en concepto de xuros, gastos e custas.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E a parte dispositiva do decreto:

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Cervecom, Cervecería Santiago, S.L. pola cantidade reclamada de 11.761,31 euros de principal (1.316,51 € indemnización + 10.444,80 € salarios), más 1.176,13 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas e, se non paga no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco de Santander co número 5076 0000 64 0136 18, embargaranse os seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Cervecom, Cervecería Santiago, S.L. co fin de que no prazo de dez (10) días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– En virtude do disposto no artigo 551 LAC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal, únase o resultado ás actuacions e póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 19 de xullo de 2018 polo cal se despacha execución, con especificación expresa do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, epígrafe final).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco de Santander, conta nº 5076 0000 64 0136 18. Se o depósito se fai mediante transferencia bancaria, deberase depositar na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta "5076 0000 64 0136 18”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Cervecom, Cervecería Santiago, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza