Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de setembro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 28 de marzo de 2016, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/65/2015-RP1.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en substitución do director, ditou o 22 de agosto de 2018 a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 28 de marzo de 2016, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/65/2015-RP1, pola cal se declaraban ilegalizables as obras de construción dunha nave no lugar de Galegos de Diomondi, no termo municipal do Saviñao, provincia de Lugo, por ser incompatibles co ordenamento xurídico, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María Sol Somoza Guitián, Manuel Oliva Quiroga, José Antonio Oliva Quiroga e José Antonio Somoza Filgueira, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística