Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 44999

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (538/2016).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que no rolo de apelación que se dirá recaeu Sentenza con data do 28 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do tenor literal seguinte:

«Na Coruña, vinte e oito de setembro de dous mil dezasete.

No recurso de apelación civil número 538/2016, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Negreira, en xuízo ordinario nº 512/2014, sobre reclamación de cantidade, seguido entre partes: como apelante/demandado: Manuel Mouriño Rivas, representada polo/a procurador/a Sr./a. Romero Raño; como apelado/demandante: Ramón Mouriño Patrón, representado polo/a procurador/a Sr./a. Calviño Gómez e como parte declarada en rebeldía: Vicente Patrón Garabán. Sendo relator Carlos Fonte Candeas.

Decido:

Desestímase o recurso de apelación e confírmase a sentenza con imposición das custas da alzada á parte recorrente e perda do depósito para recorrer.

Así, por esta nosa sentenza de apelación, da que levará ao rolo un testemuño uníndose o orixinal ao libro de sentenzas, pronunciámolo, mandamos e asinamos, no lugar e data arriba indicados».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) ao obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Vicente Patrón Garabán, expido e asino a presente.

A Coruña, 28 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza