Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 309/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 309/2018, seguido por instancia de Verónica Suárez Hernández contra a mercantil Inversiones Hosteleras la Bottega, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou a Sentenza número 166/2018, do 14 de setembro de 2018, contra a cal non cabe interpor ningún recurso. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Hosteleras la Bottega, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza