Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 44916

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 112/2018, do 4 de outubro, polo que se dispón que cese Belén María do Campo Piñeiro como directora xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Segundo o establecido no artigo 26.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, a persoa titular da Dirección do Fogga é nomeada e separada por decreto do Consello da Xunta de Galicia entre as que teñan a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural.

Na súa virtude e consonte co establecido no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de outubro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Belén María do Campo Piñeiro, como directora xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural