O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o segundo cuadrimestre do ano 2018
Convenio |
Obxecto |
Importe total do convenio |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas para a execución da actuación de construción da rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, San Cibrao das Viñas (Ourense) |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción da rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento |
60.486,28 |
8.5.2018 |
Cuarta addenda ao convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Vigo e a Sociedade mercantil estatal Augas de las Cuencas de España, S.A., como usuarios da actuación hidráulica de saneamento de Vigo |
Modificar o orzamento estimado da actuación, as achegas a realizar por Augas de Galicia e polo Concello de Vigo, a forma de pago de Augas de Galicia e a cláusula relativa á recepción das obras e explotación da infraestrutura e establecer un novo réxime de tarifas a aplicar ata a entrega da infraestrutura |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
10.5.2018 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Pantón para a execución da actuación para a captación, depósito e abastecemento á parroquia de Tribás, Pantón (Lugo) |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na captación, depósito e abastecemento á parroquia de Tribás, Pantón (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento |
337.100,00 |
8.6.2018 |
Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Friol para a execución de actuación de abastecemento de auga ao núcleo de Prado. Concello de Friol (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020 |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
19.6.2018 |
Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rianxo para a execución de actuacións de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na Ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo. Concello de Rianxo (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
19.6.2018 |
Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Frades para a execución de actuación de abastecemento de auga ás parroquias de Moar e Añá, Concello de Frades (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020 |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
20.6.2018 |
Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei para a execución de actuación de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020 |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
27.6.2018 |
Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Viveiro para a execución de actuacións de saneamento de Celeiro e mellora da EDAR de Viveiro, Concello de Viveiro (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
5.7.2018 |
Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cedeira para a execución da actuación de mellora do saneamento de Cedeira (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020 |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
11.7.2018 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Rianxo en relación coas actuacións no dominio público portuario para a execución e mantemento das obras do colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo, Concello de Rianxo (A Coruña) e ampliación da EDAR de Rianxo. Termo municipal de Rianxo (A Coruña) |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Rianxo, para determinar as condicións nas que o ente público Portos de Galicia autoriza a execución das obras que se definen no proxecto e anteproxecto que a continuación se detallan, na parte que se desenvolve no dominio público portuario (no Porto de Rianxo) e pon a disposición libres de cargas os terreos que resulten necesarios para a execución das citadas obras na zona do Porto de Rianxo: – Proxecto do colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo (A Coruña), de clave OH.315.1107 – Anteproxecto da ampliación da EDAR de Rianxo. Termo municipal de Rianxo (A Coruña), de clave OH.315.1106 |
Sen custo económico |
11.7.2018 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña |
Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª alínea g) do parágrafo segundo do prego de bases á que se suxeita a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis |
392.535,78 |
12.7.2018 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cambre para o acondicionamento, mantemento e conservación do contorna do río Mero ao seu paso polo Concello de Cambre |
Establecer as condicións da colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cambre, respecto aos traballos de acondicionamento, mantemento e conservación nas zonas de afección e na contorna do río Mero ao seu paso polo Concello de Cambre |
40.000,00 |
17.7.2018 |
Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (proxecto Ríos) |
Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega para o desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2018 no marco dun programa de voluntariado e educación para a sustentabilidade, que pretende dar resposta a unha problemática de ámbito galego (e tamén global) como é a contaminación e o deterioro dos ecosistemas fluviais (proxecto Ríos) |
50.000,00 |
18.7.2018 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Dodro para a execución da actuación a modificación do leito dun regato no lugar de Sar, Dodro (A Coruña) |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer polo Concello a actuación a modificación do leito dun regato no lugar de Sar, Dodro (A Coruña) |
10.333,19 |
18.7.2018 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rairiz de Veiga para a execución das actuacións de renovación da rede de abastecemento e saneamento na Penteira e en Santa Baia, Rairiz de Veiga (Ourense) |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer polo Concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de renovación da rede de abastecemento e saneamento na Penteira e en Santa Baia, Rairiz de Veiga (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento |
65.000,00 |
18.7.2018 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Porto do Son para a execución da actuación de saneamento e depuración en Queiruga, Porto do Son (A Coruña) |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na execución da actuación de saneamento e depuración en Queiruga, Porto do Son (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento |
2.000.000,00 |
3.8.2018 |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Veiga para a execución da actuación dun depósito de auga potable para o abastecemento do núcleo de Baños, A Veiga (Ourense) |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer polo Concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras dun depósito de auga potable para o abastecemento do núcleo de Baños, Concello da Veiga (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento |
39.589,64 |
3.8.2018 |
Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de Saneamento na Malata, Concello de Ferrol (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
29.8.2018 |