Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44835

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (560/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 560/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yudy Esther Estremor Marmol contra a empresa Matogrande Hostelería, S.L., Miravos Galicia, S.L., e coa intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, 13 de setembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado con número P.O. 560/2016, sendo parte nel, dun lado como demandante Yudy Esther Estremor Marmol, con DNI 49682583F, representada por José Benito García Ares, con DNI 46903376G e, en virtude do poder que consta nas actuacións, e como demandados Matogrande Hostelería, S.L., Miravos Galicia, S.L., que non comparecen malia estar citados en legal forma e coa intervención do Fogasa que non compareceu pese a estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Yudy Esther Estremor Marmol, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente as empresas Matogrande Hostelería, S.L., e Miravos Galicia, S.L., a que aboen á demandante a cantidade de 9.642,40 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar resgardo acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás mercantís Matogrande Hostelería, S.L., e Miravos Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza