Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44810

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 28 de setembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 12 de setembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería.

Con data do 25 de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 183, a Orde do 12 de setembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O artigo 6 da citada orde regula os gastos subvencionables, establecendo as características que deben reunir os gastos para ser considerados como tales.

Co fin de garantir o cumprimento da finalidade das axudas para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, é necesario modificar o artigo 6 da Orde do 12 de setembro de 2018, facendo referencia expresa a outros gastos correntes derivados directamente da actividade que comprende a realización dos programas e que constitúen un tipo de gasto que debe reunir a natureza de subvencionable de acordo co obxecto da convocatoria.

A presente modificación determina a necesidade da ampliación do prazo de presentación de solicitudes establecido na convocatoria, de tal xeito que as entidades solicitantes disporán dun mes desde o día seguinte á publicación da presente modificación no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto e de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Engádese un punto 6º na letra c) da epígrafe 1, do artigo 6, da Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, como se indica:

«6º. Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa».

Disposición derradeira primeira. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo para a presentación das solicitudes computando o prazo dun mes a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social