De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 30 de agosto de 2018, de baixa do establecemento que no anexo se menciona, xa que intentada a notificación, non se puido realizar polos medios habituais.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 21 de setembro de 2018
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
Establecemento: Viajes Amado Lugo, S.A.
Signatura: XG-LU-000004.
Razón social: Viajes Amado, S.A.
Domicilio: O Rego do Espiño, 35, 27294.
Municipio: Lugo.