Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 281/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 281/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramiro José Triana Frechilla contra Eulen Seguridad, S.A., Seguridad y Planificación Galicia, S.L., Montserrat Vale Santos e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Marina García de Evan.

En Santiago de Compostela o seis de agosto de dous mil dezaoito.

Recibido escrito do letrado José Miguel Orantes Canales, únase aos autos da súa razón, e visto o seu contido acórdase a suspensión da comparecencia prevista para o día 15 de outubro de 2018 e procédese a sinalar nova data para a súa celebración o próximo día 16 de outubro de 2018 ás 11.45 horas na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes.

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza