Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 30/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Miguel Padín Lema contra Pomoba 2006, S.L., sobre ordinario, ditouse decreto de insolvencia o 13.9.2018 impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Pomoba 2006, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 13 de setembro de 2018
O letrado da Administración de xustiza