Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato da obra de retirada de axente extintor (gas H-1301) e instalación nova de extinción e detección automática de incendios no Arquivo Xeral da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela (A Coruña).

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de retirada de axente extintor (gas H-1301) e instalación nova de extinción e detección automática de incendios no Arquivo Xeral da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, expediente ED 12/18-O.

1.1. Adxudicataria: Integraciones Técnicas de Seguridad, S.A.

1.2. Importe de adxudicación: 190.279,27 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 3 de setembro de 2018.

1.4. Data de formalización do contrato: 19 de setembro de 2018.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria