Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo requirido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por mor da ampliación do recurso contencioso-administrativo P.O. 02/4065/2018, interposto por Mª José Martínez Vázquez contra o Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio polo que lle comunica que acordou a ampliación á Resolución do 2 de julio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se convoca concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia, do recurso contencioso-administrativo P.O. 02/4065/2018, interposto por Mª José Martínez Vázquez contra o Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de 9 (nove) días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade