Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44150

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal da institución correspondentes ao exercicio 2018.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia na súa reunión do 4 de setembro aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2018: axudas para a atención a discapacitados. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da Institución, e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia