Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44151

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2018.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no segundo cuadrimestre do ano 2018 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº 1.

Título: convenio de colaboración entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia Enerxética (Energylab), para a elaboración da documentación técnica necesaria para levar a cabo as licitacións públicas do proxecto do Ecobarrio da Ponte no concello de Ourense.

Obxecto: traballos de elaboración da documentación técnica necesaria para levar a cabo as licitacións do proxecto do Ecobarrio da Ponte no concello de Ourense.

Sinatura: 1 de agosto de 2018.

Importe: 300.000,00 €.