Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43874

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 17 de setembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo que se indican no anexo I de esta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios e as funcionarias que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), na súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentar coa solicitude un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia cotexada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultaren seleccionados/as para ocupar os postos de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable de non emitirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado/a. Se no prazo de dous (2) meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous (2) meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

A persoa titular da consellería onde presten servizos os/as funcionarios/as poderá, non obstante, diferir o cesamento, por necesidades do servizo, ata vinte (20) días hábiles, o que se lle debe comunicar á unidade a que sexa destinado o/a funcionaria/a.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO I

Denominación

Código

Comple.específ.

Grupo

Corpo/escala

Adsc.adm.

Form.específ.

Centro directivo

Localidade

S.X. de Coord. Orzament. e Contrat.

PE.C02.00.002.15770.001

30

21.452,20

A1

Xeral

A11

640

S.X. de Coord. Orzament. e Contrat.

Santiago de Compostela

S.X. Xeral Xestión, Ensino e RR.SS.

PE.C04.00.001.15770.001

30

21.452,20

A1

Xeral/especial

A11

640

S.X. Xestión, Ensino e RR.SS.

Santiago de Compostela

S.X. Investigación e Apoio Cient.-Técnico

PE.C04.00.003.15770.001

30

21.452,20

A1

Xeral/especial

A11

640

S.X. Investigación e Apoio Cient.-Técnico

Santiago de Compostela

Director/a

PE.C99.40.201.36600.001

28

14.898,24

A1

ESC1/ESC3

A11

640

Centro Investigacións Mariñas

Corón Vilanova de Arousa

Xefatura Servizo Desenvolvemento Pesqueiro

PE.C04.00.000.15770.110

28

16.303,14

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

D.X.

Desenvolvemento Pesqueiro

Santiago de Compostela

Xefe/a territorial

PE.C99.10.000.15001.001

28

19.190,78

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

Xefe/a territorial

PEC99.10.000.27650.001

28

19.190,78

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

Xefatura Territorial de Lugo

Celeiro

Xefe/a territorial

PE.C99.10.000.36560.001

28

19.190,78

A1/A2

Xeral/especial

A11

640

Xefatura Territorial de Vigo

Vigo

Descricións códigos da adscrición ás administracións públicas:

AXG. Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Descricións códigos das formacións específicas:

640. Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I).

missing image file