Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de setembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte de Pacios (ampliación), concello de Begonte (expediente 11/2017).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 11/2017.

Denominación: Pacios (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Pacios.

Concello: Begonte.

Superficie: 1,08 hectáreas.

Na seguinte táboa relaciónanse as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo deste anuncio facilita a súa localización.

Parcelas que se clasifican

Linde

Parcelas estremeiras

27007A021000190000GQ

Norte

27007A02100201

Leste

27007A02109005 (camiño)

Sur

27007A02109005 (camiño)

Oeste

27007A02109017 (camiño)

27007A021002010000GS

Norte

27007A02100018

Leste

27007A02100022

27007A02100023

27007A02100025

Sur

27007A02109015 (nacional VI)

Oeste

27007A02100200

27007A02100020

27007A02109005 (camiño)

27007A018001000000GX

Norte

27007A02109017 (camiño)

Leste

27007A02109017 (camiño)

Sur

27007A01809008 (camiño)

Oeste

27007A01800107

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 13.12.2017 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 18 de setembro de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file