Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2017/141/27 e sete máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas, que a continuación se relacionan, as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70 planta baixa onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións recaídas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 5 de setembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

DNI/NIE

Data da resolución

Abdelmajid Harram

Soufia Hadami

2017/141/27

Cambio de medida administrativa e mantemento do recurso

Non consta

Non consta

23.7.2018

Fernando Mendes Correia

2013/147/27

Concesión de recurso

Non consta

8.6.2018

Casimiro Montoya Bentos

2005/425/15

Cambio de medio

*****123T

13.7.2018

Laezia Leandra Dos Reis Andrade

2015/175/27

Cambio de medio

Non consta

31.7.2018

Hernani Manuel Marinho De Carvalho

2014/80/27

Cambio de medida administrativa e mantemento do recurso

*****270M

3.8.2018

Hernani Manuel Marinho De Carvalho

2014/307/36

Cambio de medida administrativa e mantemento do recurso

*****270M

3.8.2018

Kaddour Belgarmat

Fátima Belgarmat

2017/142/27

Cambio de medida administrativa e mantemento do recurso

Non consta

Non consta

13.7.2018

Adriana Ugarte Elizeche

2018/101/27

Asunción de medida administrativa e recurso

Non consta

18.7.2018