Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 10 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2015/427-1).

Expediente: IN407A 2015/427-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT, CT Taraza.

Concello: Valdoviño.

Características técnicas:

Desmantelamento tramo liña eléctrica de media tensión aérea CRN-708A (entre CT Gándara e CT Taraza), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,440 km, con orixe no CT Gándara (expediente 27921), en condutor LAC-28 mm2, e final no CT Taraza (expediente 7372) que se retirará.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,667 km, con orixe no CT Gándara, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS. CRN708A, no tramo entre o CT Taraza que se retirará e o CT Lavacerido (expediente 175/97), despois de realizar entrada e saída no novo CT Taraza proxectado.

Centro de transformación prefabricado Taraza, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 10 de setembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/427-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT, CT Taraza.

Concello: Valdoviño.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Taraza.

Cultivo: aparcadoiro.

Propietario: José Dopico Orjales.

Afección de solo en pleno dominio: centro transformación, caseta e acceso, 22.0 m2.