Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación dos estatutos da Asociación de Empresarias de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación de estatutos da Asociación de Empresarias de Galicia, acordada pola Asemblea Xeral do 12 de xuño de 2018, na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego