Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (534/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 534/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Vázquez Vila contra a empresa Ifer Coruña, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Lucía Vázquez Vila, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Ifer Coruña, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 3.723,14 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis os xuros de demora correspondentes.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ifer Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza