Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a solicitude de declaración da condición minero-medicinal e termal das augas captadas mediante un pozo de investigación autorizado dentro do perímetro de protección do Balneario Acuña, no termo municipal de Caldas de Reis, e a súa incorporación ao aproveitamento unha vez obtida a declaración da condición minero-medicinal e termal por pertencer ao mesmo acuífero que os mananciais explotados polo balneario.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra dá a coñecer que a mercantil Tres Mares, S.A., NIF A39005574, titular do Balneario Acuña, solicitou a declaración da condición minero-medicinal e termal das augas captadas por medio dun pozo de investigación autorizado nos terreos da súa propiedade, situado dentro da zona de restricións medias do perímetro de protección das augas minero-medicinais e termais aproveitadas no Balneario Acuña.

As coordenadas UTM Datum ETRS-89 que definen a situación do pozo denominado Tres Mares son:

X= 529.256,22

Y= 4.716.686,78.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 4.3 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia. Durante o prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente estará dispoñible ao público para a súa consulta na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra (http://ceei.xunta.gal/expediente-exploracions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado e deberán ser dirixidas ao xefe territorial da consellería, en calquera das oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 5 de xullo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra