Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43392

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no marco do Proxecto Terra.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade ao convenio subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no marco do Proxecto Terra no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica da APLU

Achega económica CMAOT

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no marco do Proxecto Terra

Dar continuidade ao traballo desenvolvido na educación secundaria e na educación primaria e infantil, así como na formación á cidadanía reforzando e consolidando a presenza do Proxecto Terra e abrindo novas liñas de actuación que permitan optimizar os recursos dispoñibles cara á mellor consecución dos obxectivos que se pretenden, realizando actividades de sensibilización, concienciación, formación e divulgación sobre os espazos e lugares que habitamos, a paisaxe, sinaladamente mediante asistencia científica e técnica e intercambio de experiencias con fins de formación e información, coa finalidade de formar, difundir e ampliar os coñecementos da cidadanía en xeral, e dos técnicos e entidades competentes en temas relacionados coa ordenación, planificación e intervencións das actividades humanas sobre o territorio e a súa repercusión na conformación das paisaxes do presente e do futuro.

180.000,00 €

120.000,00 €

2.4.2018