Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43393

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria e se dá publicidade da modificación da condición de participación dalgúns dos seus membros.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 12 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria.

Na súa base sétima disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 31 de agosto de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 177, do 17 de setembro) procedeuse ao nomeamento do tribunal cualificador.

Na antedita base sétima disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de causa de abstención en dous dos seus membros, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado por Resolución do 31 de agosto de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 177, do 17 de setembro), nos termos que se indican no anexo.

Segundo. Dar publicidade á modificación da condición de participación no respectivo órgano de selección, dalgúns dos seus membros nomeados por Resolución do 31 de agosto de 2018, nos termos que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Vogal titular:

Paramio Castedo, Fernando. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico de familia de atención primaria, en substitución de Izquierdo Fernández, Rosana. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico de familia de atención primaria.

Vogal titular:

Fabeiro Romero, Domingo. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico de familia de atención primaria, en substitución de Rey Aldana, Daniel. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico de familia de atención primaria.

Presidente suplente:

Vázquez Saavedra, Mª del Pilar. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico de familia de atención primaria, en substitución de Paramio Castedo, Fernando. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico de familia de atención primaria.

Vogal suplente:

Delgado Martín, José Luis. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico de familia de atención primaria, en substitución de Fabeiro Romero, Domingo. Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico de familia de atención primaria.