Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 639/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 639/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Moure Rosende contra Masalo 10, S.L., ditouse a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Patricia Moure Rosende contra Masalo 10, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 3.112,38 euros polos conceptos indicados no feito probado sexto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto, decreto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza