Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 30 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no marco do expediente tramitado por esta entidade 2018/125-36 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no marco dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 30 de agosto de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expedientes: 2018/125-36 e 2018/126-36.

Interesado: Virgilio Adrián Viera Aquino.

DNI: descoñecido.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 18 de xuño de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: estimar medida administrativa.