Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo de Miño

ANUNCIO do 13 de agosto de 2018 de notificación de orde de execución aos titulares das parcelas ao abeiro da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste presente anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables descoñecidas a súa obriga de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas nas seguintes parcelas:

Nº de expediente

Referencia catastral

Lugar ou parroquia

XB 2018/14 Elvira Villar

32023A005001560000HA

O Couso

XB 2018/22

32023A080000060000HB

Paradela

Concédeselles para facelo un prazo máximo de quince (15) días naturais, desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa, sen prexuízo do expediente sancionador que se instruirá.

Indícase que o texto íntegro do acto que se notifica, así como o expediente no seu conxunto, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento no Concello.

Castrelo de Miño, 21 de agosto de 2018

Xurxo Rodríguez Méndez
Alcalde