Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43044

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Protocolo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa investigación e divulgación en materia de territorio e paisaxe.

Definir o marco xeral de actuación entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa investigación e divulgación en materia de territorio e paisaxe , co obxectivo de acadar e compartir experiencias, ideas e información que redunden en beneficio do medio natural da ría de Arousa e a comarca do Barbanza e os territorios que compoñen as rías atlánticas de Galicia.

Sen achega económica

20.6.2018

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Federación Galega de Municipios e Provincias, os concellos de Cambre, Carballo, Oleiros, Lugo e Sanxenxo para a obtención de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas, pola que se adhire o Concello de Pontevedra

A adhesión do concello de Pontevedra ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Federación Galega de Municipios e Provincias, os concellos de Cambre, Carballo, Oleiros, Lugo e Sanxenxo para a obtención de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas, de conformidade co previsto na súa cláusula sexta.

16,42 €

10.7.2018