Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42924

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 19 de setembro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 376860.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do obxecto

Modifícase a tipoloxía de proxectos subvencionables para as pemes individuais establecida nas bases reguladoras das axudas á dixitalización Industria 4.0 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 21 de decembro de 2017; DOG nº 245, do 28 de decembro), que queda do seguinte xeito:

«b) Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.

2º. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos (ERP, CRM e similares), interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares).

3º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos».

Esta modificación aplicarase ás solicitudes que xa se presentasen dentro do segundo prazo da convocatoria (IG240.2), que abriu o 1.6.2018.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica