Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42836

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 86/2018, do 10 de setembro, polo que se nomean membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, a José María Martín Moreno.

Artigo 2

Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, a Jorge Falagán Mota.

Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente