Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42835

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 85/2018, do 10 de setembro, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do seu regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Vázquez Vicente.

Artigo 2

Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, Xosé Manuel González Martínez.

Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente