Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (717/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 717/2015 por instancia de José Jesús Villar Gómez contra Carlos Alfonso García Martín, Juan Fariña Mantiñán, Centro Óptico Plaza Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 14.6.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Jesús Villar Gómez fronte a Carlos Alfonso García Martín, Juan Fariña Mantiñán e Centro Óptico Plaza Galicia, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a Carlos Alfonso García Martín e Centro Óptico Plaza Galicia, S.L. das pretensións fronte a eles dirixidas.

– Condénase á empresa Juan Fariña Mantiñán a aboar a José Jesús Villar Gómez a cantidade de tres mil cincocentos dezanove euros con trinta e oito céntimos (3.519,38 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %, estimando a excepción de prescrición que, en relación co salario do mes de xaneiro de 2014, formulou o Fondo de Garantía Salarial, o cal responderá dos conceptos reclamados nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Carlos Alfonso García Martín expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza