Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se notifica ao interesado a suspensión cautelar da execución da resolución ditada no expediente sancionador MON-LU-0012/2015-CAF.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non for posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderá publicarse un anuncio no boletín oficial da comunidade autónoma.

Manuel Ángel Jove Losada presenta un escrito o 17 de xullo de 2018 no que comunica a interposición de recurso contencioso-administrativo contra a resolución firme en vía administrativa ditada no procedemento sancionador MON-LU-0012/2015-CAF e no que solicita a suspensión da súa execución.

Unha vez tentada a notificación no último domicilio coñecido e despois de ter sido devolta polo servizo de Correos, comunícase a Manuel Ángel Jove Losada a suspensión cautelar da execución da Resolución do 25 de abril de 2018 por non considerar necesaria a adopción de medidas especiais para garantir a eficacia da dita resolución.

Non obstante, a suspensión finalizará cando transcorrese o prazo legalmente previsto sen que o interesado interpuxese recurso contencioso-administrativo ou cando interpoñendo o dito recurso:

1º. Non solicitase no mesmo trámite a suspensión cautelar da resolución impugnada.

2º. O órgano xudicial se pronuncie sobre a suspensión cautelar solicitada, nos termos nela previstos.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal