Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións do expediente sancionador por infracción na orde social 40/2018-2 e un máis.

De conformidade co establecido nos artigos 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na Ronda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pago, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 40/2018 (acta de infracción I272018000007533).

Materia: relacións laborais.

Empresa: María Jesús Delgado Delgado.

NIF/CIF: 34307093V.

Enderezo: rúa Milagrosa, 103, 27003 Lugo.

Preceptos infrinxidos: artigo 12.4.c) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 23 de xullo de 2018.

Expediente: 41/2018 (acta de infracción I272018000007634).

Materia: seguridade e saúde.

Empresa: María Jesús Delgado Delgado.

NIF/CIF: 34307093V.

Enderezo: rúa Milagrosa, 103, 27003 Lugo.

Preceptos infrinxidos: artigo 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e os artigos 14, 15 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigo 12.15.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 23 de xullo de 2018.

Lugo, 3 de setembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo