Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación dos servizos para a realización e execución do proxecto de dinamización lingüística Nós Tamén Creamos! no marco do plan Proxecta e do concurso libre da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a elaboración de curtametraxes de animación en lingua galega, polo procedemento aberto non harmonizado, con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: traballos para a realización e execución do proxecto de dinamización lingüística Nós Tamén Creamos! no marco do plan Proxecta e do concurso libre da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a elaboración de curtametraxes de animación en lingua galega.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución: ata o 30 de xuño de 2020.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPA 2008: 93.29.29 e CPV 92300000-4.

h) Clasificación: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

c) Criterios de adxudicación: pluralidade de criterios establecidos no punto 31 no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo: o importe neto do contrato é de setenta e un mil euros (71.000,00 €), máis o IVE (21 %): trece mil oitocentos sesenta euros (13.860 €) e (4 %) douscentos euros (200,00 €). Importe total: oitenta e cinco mil sesenta euros (85.060,00 €).

5. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e solvencia técnica, segundo o disposto nos puntos 12 e 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

6. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.

b) Domicilio: rúa San Roque, número 2, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 19 e 881 99 63 23.

d) Fax: 881 99 63 06.

e) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=380820.

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que se deberá presentar: a sinalada no punto 32 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Auxiliar da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Se as proposicións se envían por correo deberá xustificarse a data e hora de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, telegrama ou fax (número de fax 881 99 63 06) nese mesmo día.

2ª. Enderezo: rúa San Roque, número 2.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística.

b) Enderezo: rúa San Roque, número 2.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: os actos públicos de apertura de proposicións realizaranse no lugar, data e hora que se anunciarán no perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=380820.

10. Gastos do anuncio: o importe será por conta do/da adxudicatario/a.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria