Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42571

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2018 pola que se publica o resultado da novena edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.

Mediante a Resolución do 3 de maio de 2018 convocouse a novena edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG núm. 94, do 18 de maio).

Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 80.000 € que se imputou ás contas orzamentarias 13 A1 712A 770.0 e 13 A1 712A 781.0.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas.

De acordo co anterior

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia o resultado da novena edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, convocada mediante a Resolución do 3 de maio de 2018.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Categoría

Finalidade

Beneficiario

Importe

Mozos

Levinred, S. Coop. Galega

Levinred, S. Coop. Galega

10.000 €

Proxectos culturais e de recuperación patrimonial no medio rural

Festival de la Luz

A.C. Festival de la Luz

10.000 €

Proxectos de interese social

Programa de atención ao medio rural de AFAOR e Viña Costeira

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer en Ourense (AFAOR)

10.000 €

Turismo

Turisa Galicia

Martiño Novo Canda

10.000 €

Sector agrogandeiro

Veigas de Sabugueiro

Veigas de Sabugueiro, S.L.

10.000 €

Innovación tecnolóxica

Trasdeza Natur

María José Tallón García

10.000 €

Mulleres

Coop. Lácteas Unidas CLUN, S. Coop. Galega

CLUN, S. Coop. Galega

10.000 €

Loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras agrarias

Posta en valor da terra para produción hortícola

Cristina Bañobre Lomba

10.000 €